DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 6 de xullo de 2026 Páx. 37881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 19 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2023/228 ATE).

O 12 de xuño de 2024, o director territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria ditou a resolución pola que se outorgaron as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica LAT 20 kV soterrada e CS Caneiro do Piago, no concello de Outeiro de Rei.

A beneficiaria Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), con data do 16 de setembro de 2025, achegou a solicitude de declaración de utilidade pública da instalación de referencia.

Por isto, co obxecto de declarar a utilidade pública, en concreto, da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, cómpre que o Departamento Territorial de Lugo, para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, someta a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: LAT 20 kV soterrada e CS Caneiro do Piago.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa).

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9. P.I. As Gándaras, 27003 Lugo.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Augas a CS Caneiro do Piago en triplo circuíto, con orixe no PAS instalado no apoio existente A64431 da LAT 20 kV Augas e final no CS Caneiro do Piago proxectado, cunha lonxitude de 60 metros cada circuíto, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de seccionamento prefabricado Caneiro do Piago, no cal se instalan tres celas de liña telemandadas.

• Desmontaxe das cadeas de illadores do apoio A64431.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 144 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello de Outeiro de Rei. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/outeiro-de-rei

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 19 de xuño de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto LAT 20 kV soterrada e CS Caneiro do Piago

Concello: Outeiro de Rei.

Expediente: IN407A 2023/228 ATE.

Núm. predio

Ref. catastral

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Titular

Apoio (núm.)

Apoio

Sup. oc. perm. (m²)

LAT Sup. afectada por voo (m²)

LAT Sup. ocupación permanente (m²)

CT Sup. oc. perm. (m²)

Accesos

Sup. oc. perm. (m²)

1

27039A06410096

64

10096

Forxa

Monte baixo

José Luis Pérez Carreira

A64431

12

90

29

13