Mediante a Resolución da Alcaldía número 2026-0707, do 9 de xuño de 2026, acordouse o nomeamento como funcionaria de carreira de Andrea Serrano Rodríguez, con DNI número ****9205**, que vai ocupar a praza vacante incluída na oferta de emprego público aprobada o 28 de maio de 2026 denominada xefatura da Unidade de Intervención-Tesouraría, administrativo, enmarcada no grupo C de titulación, subgrupo C1, escala da Administración xeral, subescala administrativa, por promoción interna.
Pontecesures, 12 de xuño de 2026
María Teresa Tocino Barreiro
Alcaldesa
