DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 6 de xullo de 2026 Páx. 37933

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de bibliotecario/a incluída na oferta de emprego público (OEP) do ano 2024.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) número 85, do 8 de maio de 2026, foron publicadas integramente as bases específicas que van rexer a convocatoria para a provisión en propiedade de:

– Unha (1) praza vacante de persoal funcionario de carreira da escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios, grupo A, subgrupo A2 de clasificación, denominada: bibliotecario/a.

Sistema selectivo: oposición en quenda libre.

As bases xerais aplicables foron publicadas no BOP núm. 104, do 30 de maio de 2024.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 22 de maio de 2026

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde