O Pleno, en sesión celebrada o 30 de abril de 2026, acordou:
Primeiro. Cambiar o uso da parcela sita na rúa Xiabre, nº 19, con referencia catastral 9775614NH1197N (Escola Unitaria de Guillán), pasando da cualificación actual «Equipamento escolar (E.E)» a «Outros equipamentos (E.O)», para os efectos de poder permitir outros usos non definidos no PXOM (asistencial, administrativos, seguridade cidadá, etc.) ou aqueles para os que non se preveu una finalidade concreta.
Segundo. Publicar, no prazo dun mes, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia o acordo que se adopte de conformidade co sinalado no artigo 82 da Lei do solo de Galicia (LSG).
Terceiro. Dar traslado á consellería competente en materia de urbanismo do acordo que se adopte para os efectos de que proceda á súa inscrición no rexistro de planeamento urbanístico de Galicia, de conformidade co sinalado no artigo 88 da LSG.
Contra este acordo que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte da publicación deste anuncio ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que crean oportuno.
Vilagarcía de Arousa, 18 de xuño de 2026
Alberto Varela Paz
Alcalde
