A Orde do 19 de decembro de 2025 (DOG núm. 17, do 27 de xaneiro de 2026), da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.
O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas a entidades incluídas no seu artigo 2.1 que contraten persoas co grao de doutoramento que cumpran os requisitos especificados no artigo 2.2 desta.
De acordo co establecido no artigo 9 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes, e tras constatar que non existían causas de exclusión en ningunha delas, o día 31 de marzo de 2026 publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.
As solicitudes foron avaliadas por un equipo formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 6 da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 10.
O resultado desta avaliación entregóuselle á Comisión de Selección definida no artigo 11 da convocatoria, que pola súa vez elaborou a acta que serve como informe para os órganos instrutores, na que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas e as listas de espera para posibles substitucións.
A competencia para resolver estas axudas, por delegación da persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería e á persoa titular da dirección da Axencia Galega de Innovación, de acordo co artigo 13 da convocatoria.
En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 11 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polos órganos instrutores a partir do informe da Comisión de Selección, reunida o día 21 de maio de 2026,
RESOLVEMOS:
Primeiro. Conceder as axudas para completar a etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 19 de decembro de 2025 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I.
Segundo. Establecer unha lista de espera para as solicitudes procedentes das universidades do SUG, que se relaciona no anexo II.
Terceiro. Todas as solicitudes que figuran no anexo I desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.
Cuarto. A data de comezo dos contratos será o día 31 de outubro de 2026.
Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamento recollida no artigo 16 das bases da convocatoria:
Universidades do SUG: 20 axudas.
O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026 e ao próximo Plan galego de financiamento universitario.
|
Aplicación orzamentaria |
Universidade |
Nº de axudas |
Crédito (en euros) |
||||
|
2026 |
2027 |
2028 |
2029 |
Total |
|||
|
07.02.561B.444.0 |
UDC |
2 |
2.000,00 |
71.624,72 |
79.900,00 |
93.875,28 |
247.400,00 |
|
07.02.561B.744.0 |
0,00 |
22.000,00 |
22.000,00 |
22.000,00 |
66.000,00 |
||
|
Total UDC |
2.000,00 |
93.624,72 |
101.900,00 |
115.875,28 |
313.400,00 |
||
|
07.02.561B.444.0 |
USC |
12 |
12.000,00 |
429.748,32 |
479.400,00 |
563.251,68 |
1.484.400,00 |
|
07.02.561B.744.0 |
0,00 |
132.000,00 |
132.000,00 |
132.000,00 |
396.000,00 |
||
|
Total USC |
12.000,00 |
561.748,32 |
611.400,00 |
695.251,68 |
1.880.400,00 |
||
|
07.02.561B.444.0 |
UVigo |
6 |
6.000,00 |
214.874,16 |
239.700,00 |
281.625,84 |
742.200,00 |
|
07.02.561B.744.0 |
0,00 |
66.000,00 |
66.000,00 |
66.000,00 |
198.000,00 |
||
|
Total UVigo |
6.000,00 |
280.874,16 |
305.700,00 |
347.625,84 |
940.200,00 |
||
|
Total SUG |
20.000,00 |
936.247,20 |
1.019.000,00 |
1.158.752,80 |
3.134.000,00 |
||
Demais entidades: 1 axuda.
|
Aplicación orzamentaria |
Entidade |
Nº de axudas |
Crédito (en euros) |
||||
|
2026 |
2027 |
2028 |
2029 |
Total |
|||
|
07.A2.561A.443.28 |
Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela |
1 |
1.000,00 |
35.812,36 |
39.950,00 |
46.937,64 |
123.700,00 |
|
07.A2.561A.743.28 |
0,00 |
11.000,00 |
11.000,00 |
11.000,00 |
33.000,00 |
||
|
Total FIDIS |
1.000,00 |
46.812,36 |
50.950,00 |
57.937,64 |
156.700,00 |
||
|
Total outras entidades |
1.000,00 |
46.812,36 |
50.950,00 |
57.937,64 |
156.700,00 |
||
Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou á Axencia Galega de Innovación no caso das demais entidades indicadas no artigo 2 da convocatoria, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.
Sétimo. O artigo 16 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.
Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se teren presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.
Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2026
|
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional |
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e presidente da Axencia Galega de Innovación |
ANEXO I
Axudas concedidas
Universidade da Coruña:
|
Exp. |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
Rama de coñecemento |
Puntuación |
|
ED481D-2026/029 |
Rodríguez |
Llorente |
Carolina |
Ciencias Sociais e Xurídicas |
95,0000 |
|
ED481D-2026/028 |
Naya |
Varela |
Martín |
Enxeñaría e Arquitectura |
81,6250 |
Universidade de Santiago de Compostela:
|
Exp. |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
Rama de coñecemento |
Puntuación |
|
ED481D-2026/005 |
García |
Sánchez |
Lúa |
Artes e Humanidades |
100,0000 |
|
ED481D-2026/015 |
Otero |
González |
Uxía |
Artes e Humanidades |
93,5000 |
|
ED481D-2026/006 |
Rodríguez |
Villamayor |
Paula |
Ciencias da Saúde |
92,0000 |
|
ED481D-2026/012 |
Álvarez |
Seijo |
Begoña |
Artes e Humanidades |
91,5000 |
|
ED481D-2026/007 |
González |
Gómez |
Manuel Antonio |
Ciencias |
83,5000 |
|
ED481D-2026/016 |
Vázquez |
Loureiro |
Patricia |
Ciencias da Saúde |
82,0000 |
|
ED481D-2026/003 |
López |
Fernández |
Tamara |
Artes e Humanidades |
81,0000 |
|
ED481D-2026/004 |
Díaz |
Tomé |
Victoria |
Ciencias da Saúde |
81,0000 |
|
ED481D-2026/013 |
Rodríguez |
Lemos |
Anxo |
Artes e Humanidades |
81,0000 |
|
ED481D-2026/002 |
García |
Rodríguez |
Matías |
Artes e Humanidades |
80,9889 |
|
ED481D-2026/001 |
Correa |
Chica |
Jully Andrea |
Ciencias Sociais e Xurídicas |
80,0000 |
|
ED481D-2026/011 |
Fuentes |
Alonso |
Elsa |
Ciencias |
80,0000 |
Universidade de Vigo:
|
Exp. |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
Rama de coñecemento |
Puntuación |
|
ED481D-2026/019 |
Herrero |
Alonso |
Diego |
Artes e Humanidades |
95,4933 |
|
ED481D-2026/018 |
Pérez |
Alarcón |
Albenis |
Ciencias |
88,0000 |
|
ED481D-2026/024 |
García |
Varela |
Pablo |
Artes e Humanidades |
86,5000 |
|
ED481D-2026/022 |
Rey |
Rodríguez |
Iván |
Artes e Humanidades |
82,5000 |
|
ED481D-2026/021 |
Suárez |
Eiroa |
Brais |
Ciencias Sociais e Xurídicas |
82,0000 |
|
ED481D-2026/026 |
Meno |
Fariñas |
Laura |
Ciencias |
81,0000 |
Outras entidades:
|
Exp. |
Entidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
Rama de coñecemento |
Puntuación |
|
IN606C-2026/001 |
Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela |
Guillán |
Fresco |
María |
Ciencias da Saúde |
83,0000 |
ANEXO II
Lista de espera
Universidades do SUG:
|
Orde |
Exp. |
Entidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
Rama de coñecemento |
Puntuación |
|
1 |
ED481D-2026/014 |
USC |
Giráldez |
López |
Antonio |
Artes e Humanidades |
80,0000 |
|
2 |
ED481D-2026/017 |
UVigo |
Román |
Geada |
Marta |
Ciencias |
79,5135 |
|
3 |
ED481D-2026/008 |
USC |
García |
Otero |
Xurxo |
Ciencias da Saúde |
79,0000 |
|
4 |
ED481D-2026/020 |
UVigo |
Bello |
Alonso |
Patricia María |
Artes e Humanidades |
77,0248 |
|
5 |
ED481D-2026/025 |
UVigo |
Pou |
Álvarez |
Pablo |
Enxeñaría e Arquitectura |
76,5000 |
|
6 |
ED481D-2026/009 |
USC |
Rodríguez |
Vázquez |
Raquel |
Ciencias |
75,0000 |
