DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 7 de xullo de 2026 Páx. 38003

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS508B).

A consellería con competencias en materia de cultura, lingua e xuventude convocou, para o ano 2026, a través da Orde do 11 de maio de 2026, as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado (Diario Oficial de Galicia número 93, do 21 de maio).

O artigo 6 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 7 da Orde do 11 de maio de 2026 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 8 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que, se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da notificación do dito requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 14 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento de emenda de solicitudes ditado polo órgano instrutor do procedemento o 29 de xuño de 2026 en que se relacionan as entidades que deben emendar a solicitude e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades solicitantes que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2026

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Convocatoria: Orde do 11 de maio de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS508B).

Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026.

Data do acto: 29 de xuño de 2026.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades solicitantes que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendaren a falta ou achegaren os documentos preceptivos. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Relación de expedientes:

Nº expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508B 2026/020

Asociación Cultural Nosa Señora da O

G75314450

– Anexo I: indicar as datas de inicio e fin de actividades segundo o disposto no artigo 2 da orde.
– Proxecto de actividades: indicar as datas de inicio e fin de actividades segundo o disposto no artigo 2 da orde; cuantificar o número de persoas voluntarias e de persoas beneficiarias de acordo co indicado no anexo de solicitude (artigo 7.1).

BS508B 2026/041

Aspnais-Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo

G27018365

– Proxecto de actividades: indicar o número de persoas beneficiarias en relación co indicado no anexo I.

BS508B 2026/044

Traviesas Hockey Club

G36680239

– Proxecto de actividades: revisar o orzamento solicitado de acordo co indicado no anexo de solicitude (artigo 5.3) e revisar as fontes de financiamento acorde ao cambio anterior; revisar o número de persoas beneficiarias do proxecto de acordo co indicado no anexo de solicitude (artigo 7.1).

BS508B 2026/065

Down Vigo, Asociación para el Síndrome de Down

G36697324

– Proxecto de actividades (artigo 7.1): cuantificar o número de persoas voluntarias e de persoas beneficiarias de acordo co indicado no anexo de solicitude.

BS508B 2026/075

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer y otras Demencias de Galicia, Afaga

G36776920

– Proxecto de actividades: indicar o número de persoas beneficiarias e revisar as datas de proxecto indicadas no índice e no plan de actividades para que sexan acordes co artigo 2.

BS508B 2026/081

Asociación de Socorristas Profesionais do Morrazo

G94149655

– Anexo I: revisar as datas de proxecto (artigo 2).
– Proxecto de actividades: revisar as datas de proxecto (artigo 2).

BS508B 2026/089

Asociación Consejo Español para la Defensa de la Discapacidad y la Dependencia Galicia

G55429922

– Proxecto de actividades: indicar o número de persoas voluntarias e o número de persoas voluntarias en relación co indicado no anexo I; indicar o cronograma das actividades que se van desenvolver.

BS508B 2026/094

Asociación Española contra el Cáncer (AECC)/Junta Provincial de Ourense

G28197564

– Anexo I: revisar a data de finalización das actividades conforme o indicado no artigo 2.
– Proxecto de actividades: indicar o número de persoas voluntarias e o número de persoas voluntarias en relación co indicado no anexo I; revisar actividades do cronograma conforme o indicado no artigo 2.

BS508B 2026/095

Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, Cemma

G15400500

– Anexo I: revisar a data de finalización das actividades conforme o indicado no artigo 2.
– Proxecto de actividades: indicar o número de persoas voluntarias e o número de persoas voluntarias en relación co indicado no anexo I; revisar a temporalidade das actividades conforme o indicado no artigo 2.

BS508B 2026/097

Federación Galega de Piragüismo

G36040764

– Anexo I: revisar a data de fin do proxecto (artigo 2).

BS508B 2026/098

Aspronaga, Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia

G15028855

– Anexo I: revisar a data de fin de proxecto (artigo 2).
– Proxecto de actividades: revisar a data de fin de proxecto (artigo 2) e indicar o número de persoas voluntarias e de persoas beneficiarias (artigo 7.1).

BS508B 2026/099

Asociación Amigas da Terra

G32242422

– Proxecto de actividades (artigo 7.1): cuantificar o número de persoas voluntarias de acordo co indicado no anexo de solicitude.

BS508B 2026/115

Asociación Sustinea

G32422834

– Anexo I: revisar o orzamento conforme o artigo 5.3.
– Proxecto de actividades (artigo 7.1).

BS508B 2026/116

Asociación Cultural Xaquedrum

G27336353

– Proxecto de actividades (artigo 7.1).

BS508B 2026/118

Asociación Altaír Galiza

G27439124

– Anexo I: revisar a data de fin de proxecto (artigo 2), revisar o orzamento solicitado (artigo 5.3) e revisar as fontes de financiamento acordes co cambio anterior.
– Proxecto de actividades (artigo 7.1): revisar o orzamento solicitado e as fontes de financiamento acordes cos cambios no anexo I e revisar a data de fin de proxecto da actividade 7 (artigo 2).