A Axencia Galega de Innovación (Axencia), dada a súa condición de organismo público de investigación, tal e como recolle a Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, poderá contratar persoal investigador en réxime laboral mediante as modalidades contractuais recollidas na Lei 14/2011, do 1 de xuño, de ciencia, tecnoloxía e innovación.
Pola Resolución do 9 de abril de 2026 (DOG núm. 78, do 28 de abril) anunciouse a convocatoria de seis postos de persoal investigador, conforme o establecido no Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador dotado cunha bolsa do ERC, no marco do programa para a xeración, captación, retención e recuperación de talento investigador en Galicia (programa Oportunius).
Finalizado o proceso de selección da praza número 6, correspondente ao dominio ERC Ciencias Físicas e Enxeñaría. Panel: PE2 Constituíntes fundamentais da materia, de acordo co sinalado nos artigos 13 e seguintes da convocatoria, o tribunal elevou á Dirección da Axencia Galega de Innovación a proposta a favor do aspirante seleccionado.
Por todo iso, en virtude das atribucións do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta dirección
RESOLVE:
Primeiro. Contratar como persoal laboral da Axencia Galega de Innovación, na modalidade de investigador distinguido, a persoa que se indica no anexo.
Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2026
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Praza número: 6.
Dominio ERC de Ciencias Físicas e Enxeñaría. Panel: PE2 Constituíntes fundamentais da materia: César Raymundo Cabrera Córdova (***4060**).
Bolsa ERC: Starting Grant.
