Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma da LAAT a 20 kV 01-Pumares da ST CH Sobradelo (3182), na Casa do Concello de Carballeda de Valdeorras, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.
As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.
Ourense, 22 de xuño de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2022/144-3.
Denominación: Reforma da LAAT a 20 kV 01-Pumares da ST CH Sobradelo (3182).
Concellos: O Barco de Valdeorras e Carballeda de Valdeorras.
Entidade beneficiaria: I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U.
Convocatoria:
Data: 16 de setembro de 2026.
Lugar: Casa do Concello de Carballeda de Valdeorras.
Hora: véxase a táboa.
|
Núm. de predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Hora |
|
3 |
Monte Ladeiras |
32018A013011090000IP |
Veciños de Sobradelo |
11.45 |
|
4 |
Agra do Vale |
32018A012000220000IE |
Felipe López Ozcaberón |
12.00 |
