DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 7 de xullo de 2026 Páx. 38239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, da notificación do requirimento de documentación en materia de seguridade industrial no expediente SAI BT ACTAS 2026/67.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puideran practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentada a notificación persoal no último enderezo coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 22 de xuño de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome

Acto que se notifica

SAI BT ACTAS 2026/67

H70078928

Requirimento de documentación