Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Mosquete-As Escobias, no concello de Boiro (expediente IN407A 2019/196-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 22 de xuño de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2019/196-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Mosquete-As Escobias.
Concello: Boiro.
|
Predio |
Lugar |
Datos catastrais |
Titularidade proposta |
Depósito |
Importe |
|
4 |
Espiño de Abaixo |
Polígono: 68 Parcela: 742 |
Herdeiros de Juan Manuel Sieira Vila |
2026/15/631 |
15,13 € |
|
6 |
Chanciños |
Polígono: 68 Parcela: 731 |
Herdeiros de José Pérez Allo |
2026/15/632 |
566,36 € |
|
7 |
Chanciños |
Polígono: 68 Parcela: 730 |
Herdeiros de José Pérez Allo |
2026/15/633 |
576,39 € |
|
11 |
Espiños de Riba |
Polígono: 68 Parcela: 723 |
Herdeiros de José Resua Sieira |
2026/15/635 |
94,31 € |
