DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 7 de xullo de 2026 Páx. 38212

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2026 pola que se nomea funcionaria de carreira da escala técnica de laboratorio, subescala sanitaria, subgrupo C1, polo sistema de quenda libre, convocada pola Resolución do 5 de xuño de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 116, do 17 de xuño).

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, dunha praza de técnica de laboratorio, subescala sanitaria, subgrupo C1, convocada pola Resolución do 5 de xuño de 2024 (DOG do 17 de xuño), da relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade.

Verificada a concorrencia na aspirante aprobada dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e nos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro),

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 136 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 10 de xullo de 2024,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira da escala técnica de laboratorio, subescala sanitaria, subgrupo C1, da Universidade da Coruña, a aspirante aprobada polo sistema de quenda libre que se relaciona no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionaria de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante este reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 19 de xuño de 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Técnico/a de laboratorio

Escala técnica de laboratorio (subescala sanitaria), subgrupo C1

DNI

Apelidos e nome

Puntuación
2º exercicio

Puntuación
3º exercicio

Fase
concurso

Total

***1439**

Díaz Couto, Dorotea María

23,60

21,60

18,64

63,84