DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 7 de xullo de 2026 Páx. 38260

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria de tres prazas de oficial de Policía Local.

Resolución nº 1595/2026, do 17 de xuño de 2026, do Concello de Arteixo (A Coruña) referente á convocatoria e as bases do proceso selectivo de tres prazas de oficial de Policía Local.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 117, do 23 de xuño de 2026, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para cobertura en propiedade de tres prazas de persoal funcionario de carreira de oficial de Policía Local, dúas delas polo sistema de concurso-oposición en quenda restrinxida de promoción interna e outra polo sistema de concurso en queda de mobilidade.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 23 de xuño de 2026

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente