O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Confederación de Empresarios da Coruña,
DISPOÑO:
A renovación de Patricio Erhardt Barrenechea como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao en representación das organizacións empresariais.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2026
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
