DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 8 de xullo de 2026 Páx. 38336

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da Orde do 24 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á realización do programa Retorna Cualifica Emprego e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026-2027, código de procedemento TR380A (Diario Oficial de Galicia número 79, do 29 de abril).

Primeiro. A Orde do 24 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á realización do programa Retorna Cualifica Emprego e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026-2027 (código de procedemento TR380A), establece no artigo 11 que o procedemento de concesión de subvencións se tramitará e resolverá en réxime de concorrencia non competitiva, ata o esgotamento do crédito orzamentario. De ser o caso, segundo o establecido no artigo 13.2 das bases reguladoras, o esgotamento do crédito publicarase no Diario Oficial de Galicia e producirá a imposibilidade de continuar outorgando subvencións ao abeiro desta e constituirá motivación suficiente para a denegación do resto de subvencións non concedidas.

Segundo. A dita orde establece no seu artigo 11 que a instrución e resolución das solicitudes se efectuará seguindo a orde correlativa de entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia e ata o límite da dotación orzamentaria, de ser o caso, salvo que aquelas tivesen que ser obxecto de corrección por non reuniren os requisitos ou non se achegar a documentación requirida, para o que se considerará, na orde de prelación que se siga para a súa resolución, a data en que as solicitudes reúnan os requisitos e/ou documentación requirida, unha vez emendada a ausencia ou insuficiencia que, de ser o caso, apreciase o órgano convocante.

Terceiro. O artigo 5 da orde de convocatoria establece que para a concesión destas subvencións se destinara un crédito total de dous millóns trescentos mil euros (2.300.000,00 €), distribuído en dúas anualidades, con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.323A.481.2, código de proxecto 2026 00057, e segundo a seguinte distribución anual:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Total

14.03.323A.481.2

750.000,00 €

1.550.000,00 €

2.300.000,00 €

Cuarto. A disposición derradeira primeira da Orde do 24 de abril de 2026 establece que se faculta a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito das anualidades 2026 e 2027 indicado no punto terceiro, ao abeiro do procedemento TR380A, da Orde do 24 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á realización do programa Retorna Cualifica Emprego e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026-2027.

A derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito foi a correspondente ao expediente TR380A-02, que reuniu os requisitos e/ou documentación requirida, nos termos recollidos no artigo 14 das bases reguladoras, o día 19.5.2026 ás 13.15 horas.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2026

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego