DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 9 de xullo de 2026 Páx. 38728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de xuño de 2026 polo que se somete ao trámite de información pública o anexo de expropiacións para a mellora da mobilidade peonil na AC-840 en Oza Cesuras, de clave AC/22/111.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Antecedentes:

O 21 de novembro de 2023, pola Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas, apróbase o proxecto de construción para a mellora da mobilidade peonil na AC-840 en Oza Cesuras, de clave AC/22/111.06.

Iniciadas as obras detectáse que, aínda que tanto a senda como a obra de paso baixo as vías do ferrocarril se implantan integramente nunha parcela que pertence ao dominio público do ferrocarril, é necesario ocupar parte doutras parcelas para manter a anchura da vía de servizo ocasionando unha modificación do trazado.

Mediante a Resolución da directora da Axencia Galega de Infraestruturas do 23 de xuño de 2026 aprobouse provisionalmente o documento para información pública (anexo de expropiacións) Mellora da mobilidade peonil na AC-840 en Oza Cesuras, de clave AC/22/111.06, no concello de Oza Cesuras (A Coruña).

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Que para os efectos previstos na Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa, e no Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o seu regulamento de desenvolvemento, se someta ao trámite de información pública, durante un período de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

O anexo de expropiacións estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas da Coruña, na casa do Concello de Oza Cesuras e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas: https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2026

María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados.
Mellora da mobilidade peonil na AC-840 en Oza Cesuras;
clave: AC/22/111.06; concello de Oza Cesuras

Referencia catastral

Titular

NIF

Sit. básica do solo
(RDL 7/2015)

Expropiación

1

6151510NH6865S0001SF

Iván Pedro Seoane Freijido

***3777**

Rural

26,78

2

6151501NH6865S0001RF

Iván Pedro Seoane Freijido

***3777**

Rural

160,16