DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 9 de xullo de 2026 Páx. 38730

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura en propiedade de tres prazas de administrativo/a (funcionario/a de carreira) polo sistema selectivo de oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 110, do 12 de xuño de 2026, publicouse o anuncio relativo á convocatoria e ás bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura en propiedade de tres prazas de administrativo/a (funcionario/a de carreira) polo sistema selectivo de oposición libre correspondente ás ofertas de emprego público do Concello de Boiro de 2023 extraordinaria e de 2025.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

Boiro, 15 de xuño de 2026

José Ramón Romero García
Alcalde