DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 9 de xullo de 2026 Páx. 38731

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterroso

ANUNCIO de notificación en procedemento infrutuoso relativo á xestión de biomasa.

Non sendo posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa.

Referencia

catastral

Data da notificación/publicación

Parroquia

Lugar polígono/parcela

ha afectadas pola

execución

subsidiaria

Liquidación

provisional dos traballos da xestión de biomasa

Data da constatación do incumprimento

Persoa responsable

27032A072003950000PO

21.5.2025

Cumbraos

72/395

0,0076

30,04

12.6.2025

Florinda Iglesias Expósito

27032A072003940000PM

22.5.2025

Cumbraos

72/394

0,0099

39,14

12.6.2025

José Núñez Cabana

De conformidade co establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais, os titulares das parcelas detalladas dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais para a xestión de biomasa e a retirada de especies arbóreas prohibidas.

Monterroso, 16 de xuño de 2026

Eloy Sindín Pérez
Alcalde