Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.
En relación con isto, na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 12.6.2026 figuran os seguintes acordos:
– MVMC Negradas, pertencentes aos veciños da parroquia de Negradas, no concello de Guitiriz. Expediente 28_75/2026_7RE.
O 23.3.2026 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Negradas para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.
O 17.4.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta na cal se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Negradas en 735,93 hectáreas.
Cabe indicar que a proposta desestima a inclusión dunha parcela de titularidade particular, ao non constar o recoñecemento por parte dos seus titulares catastrais.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.
– MVMC Puxeda, pertencente aos veciños da parroquia de Puxeda, no concello de Palas de Rei. Expediente 114_79/2025_9RE.
O 25.3.2026 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Puxeda para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.
O 11.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Puxeda en 22,95 hectáreas.
Cabe indicar que a proposta desestima a inclusión dunha parcela cuxa titular é a CMVMC Peiluz.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.
– MVMC Cociña, Tola e Trigal, pertencentes aos veciños dos lugares Cociña, Tola e Trigal, da parroquia de Galegos, no concello de Navia de Suarna. Expediente 95_77/2025_53RE.
O 27.8.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Cociña, Tola e Trigal para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan. O 1.4.2026 notificóuselles un requirimento relativo á revisión no límite co MVMC Grandela e á xeración dun encravado inexistente no esbozo orixinal. O requirimento non foi atendido no prazo conferido.
O 30.4.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta na cal se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Cociña, Tola e Trigal en 186,38 hectáreas.
Cabe indicar que a proposta desestima a alteración no límite co MVMC Grandela. Así mesmo, non se acepta a exclusión dunha zoa interior que suporía a xeración dun encravado inexistente no esbozo orixinal, por entender que tal pretensión excede o obxecto e a natureza do procedemento de revisión cartográfica.
Esta revisión de esbozo ten en conta o deslindamento en trámite co MVMC Piñeiro, recollido no expediente 2025_75AV.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.
– MVMC Testelo, Costa do Sol, Real e Xunto da Igrexa, pertencente aos veciños da parroquia de Montouto, no concello de Abadín. Expediente 123_77/2025_56RE.
O 1.9.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Montouto para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.
O 27.2.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta na cal se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Testelo, Costa do Sol, Real e Xunto da Igrexa en 1.263,76 hectáreas.
Cabe indicar que na proposta se desestima a exclusión de dúas parcelas con titularidade catastral a favor da propia comunidade, ao non constar documentación que desvirtúe a presunción da propiedade.
Esta revisión de esbozo ten en conta o deslindamento en trámite co MVMC Pereiro, recollido no expediente 2025_49AV.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.
– MVMC Trascastro, pertencente aos veciños da parroquia de Trascastro, no concello do Incio. Expediente 78_78/2025_124RE.
O 15.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Trascastro para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan. O 18.3.2026 presentaron unha emenda da solicitude nos termos en que lles foi requirido previamente.
O 6.4.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta na cal se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Trascastro en 787,21 hectáreas.
Cabe indicar que na proposta se desestima a incorporación de tres parcelas de titularidade particular, afectadas polo procedemento de deslindamento con particulares, que actualmente está en trámite e pendente de resolución.
Esta revisión de esbozo ten en conta o deslindamento cos montes de Saa e de San Pedro, correspondentes aos expedientes 2025_93AV e 2025_94AV, respectivamente.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.
– MVMC Teso do Curro, Castro de Goo e Valdofoxo, Freixedo, Tralo Marco, Restre, Tralo Chao, Serra de Abaixo e Lamela, pertencente aos veciños da parroquia de Goo, no concello do Incio. Expediente 20_77/2025_67RE.
O 21.10.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Goo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan. O 18.2.2026 notificóuselles un requirimento de emenda da solicitude para xustificar a incorporación de terreos de titularidade particular e a exclusión de parcelas que constan a nome da comunidade. O 19.2.2026 a comunidade de Goo respondeu o requirimento e, posteriormente, o 17.3.2026 achegou documentación complementaria ao respecto.
O 11.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta na cal se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Teso do Curro, Castro de Goo e Valdofoxo, Freixedo, Tralo Marco, Restre, Tralo Chao, Serra de Abaixo e Lamela en 81,53 hectáreas.
Cabe indicar que na proposta se desestima a exclusión de dúas parcelas con titularidade catastral a favor da propia comunidade, ao non constar documentación que desvirtúe a presunción da propiedade. Así mesmo, non se incorpora no monte unha parcela de titularidade particular ao non constar o recoñecemento por parte dos seus titulares catastrais.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.
– MVMC Xesto, Campo do Carballido, Porto do Río, Rego da Poltra, Veiga de Lamas, Cadramón e Monte Rubio, pertencente aos veciños da parroquia do Cadramón, no concello do Valadouro. Expediente 26_79/2025_116RE.
O 11.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade do Cadramón para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan. O 15.4.2026 notificóuselles un requirimento de emenda da solicitude para xustificar a incorporación de terreos de titularidade particular, así como a exclusión de numerosas parcelas que constan a nome da comunidade. O 29.4.2026, a comunidade do Cadramón respondeu o requirimento en relación coas parcelas obxecto de exclusión.
O 8.6.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta na cal se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Xesto, Campo do Carballido, Porto do Río, Rego da Poltra, Veiga de Lamas, Cadramón e Monte Rubio en 2.016,18 hectáreas.
Cabe indicar que na proposta se desestima a exclusión de trinta e catro parcelas con titularidade catastral a favor da propia comunidade, ao non constar xustificación que desvirtúe a presunción da propiedade. Así mesmo, non se incorpora no monte unha parcela de titularidade particular ao non achegar o recoñecemento por parte dos seus titulares catastrais.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.
– MVMC Foxas, pertencentes aos veciños do lugar de Foxas, na parroquia e concello da Pontenova. Expediente 13_82/2025_58RE.
O 9.9.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Foxas para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan. O 15.5.2026 presentaron unha emenda da solicitude en resposta ao requirimento que lle foi notificado previamente.
O 27.5.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta na cal se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Foxas en 24,42 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VIII, ao final deste anuncio.
– MVMC Nogueira, pertencente aos veciños da parroquia de Anllo (Santo Estevo), no concello de Sober. Expediente 11_75/2026_8RE.
O 23.3.2026 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Anllo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan. A revisión realízase sobre a totalidade do monte coa excepción dunha zona xa revisada no ano 2015. O 13.5.2026 presentaron unha emenda da solicitude en resposta ao requirimento que lles foi notificado previamente.
O 18.5.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta na cal se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Nogueira en 466,29 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IX, ao final deste anuncio.
– MVMC Costa Falgueira, Telleiros, Biduedo, Pena Pombeiro e Pedrouzo, pertencente aos veciños da parroquia de Pombeiro (agás Bazal, Cascaxide, A Piúca, A Torre, O Torrón e Vilamirón), no concello de Pantón. Expediente 150_80/2025_106RE.
O 4.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Pombeiro para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan. O 17.4.2026 presentaron unha emenda da solicitude en resposta ao requirimento que lles foi notificado previamente.
O 18.5.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta na cal se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Costa Falgueira, Telleira, Biduedo, Pena Pombeiro e Pedrouzo en 358,61 hectáreas.
Esta revisión de esbozo ten en conta o deslindamento en trámite co MVMC Frontón, recollido no expediente 2025_114AV.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo X, ao final deste anuncio.
– MVMC Vilanuíde, pertencente aos veciños da parroquia de Vilanuíde, no concello de Quiroga. Expediente 16_76/2025_51RE.
O 25.8.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Vilanuíde para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.
O 9.6.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta na cal se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Vilanuíde en 225,64 hectáreas.
Esta revisión de esbozo ten en conta o deslindamento en trámite co MVMC Anguieiros, recollido no expediente 2025_74AV.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XI, ao final deste anuncio.
Contra estes acordos poderá interpoñerse, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 25 de xuño de 2026
María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo
