Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación.
En relación con isto, na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 12.6.2026 figuran os seguintes acordos:
– MVMC Monteseiro, pertencente aos veciños da parroquia de Monteseiro, no concello da Fonsagrada. Expediente 10_73/2025_78RE.
O 3.11.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Monteseiro para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.
O 8.6.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Monteseiro en 2.109,47 hectáreas.
Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a exclusión de terreos con titularidade catastral a favor da propia comunidade, ao non constar documentación suficiente que desvirtúe a presunción da propiedade. Así mesmo, non se incorporan dúas parcelas de titularidade particular, afectadas pola Sentenza 16/05, do 30.6.2005, do Xulgado de Primeira Instancia da Fonsagrada, ao non ser posible a identificación da delimitación recollida na sentenza nin acreditarse a súa execución. Tampouco se acepta a exclusión de zonas interiores que supoñerían a creación dun encravado inexistente no esbozo orixinal. Por último, a proposta especifica que non se admite a modificación derivada do deslindamento co monte abertal de Restrumeiro, por ser obxecto doutro procedemento e carecer da documentación necesaria.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.
― MVMC Río, pertencente aos veciños da parroquia de San Mamede do Río, no concello de Portomarín. Expediente 43_76/2025_79RE.
O 4.11.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de San Mamede do Río para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.
O 17.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Río en 74,84 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.
– MVMC Serra de Vilar e Cabanaxaraz, pertencente aos veciños dos lugares de Vilar e Cabana Xaraz, na parroquia de Donís, concello de Cervantes. Expediente 13_81/2025_81RE.
O 5.11.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilar e Cabana Xaraz para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan. O 10.3.2026 presentaron unha emenda da solicitude nos termos indicados no requirimento que lles foi enviado.
O 17.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Serra de Vilar e Cabana Xaraz en 562,80 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.
– MVMC Arcón, pertencentes aos veciños do lugar de Arcón, na parroquia de Son, concello de Navia de Suarna. Expediente 15_82/2025_88RE.
O 25.11.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Arcón para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.
O 2.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Arcón en 194,19 hectáreas.
Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a exclusión de dúas parcelas con titularidade catastral a favor da propia comunidade, ao non constar documentación suficiente que desvirtúe a presunción da propiedade.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.
― MVMC Ribeira, pertencente aos veciños do lugar da Ribeira, da parroquia da Ribeira, concello de Navia de Suarna. Expediente 99_77/2025_90RE.
O 2.12.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade da Ribeira para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.
O 2.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Ribeira en 491,52 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.
– MVMC Ventosa, pertencentes aos veciños do lugar de Ventosa, na parroquia de Moia, concello de Navia de Suarna. Expediente 89_77/2025_105RE.
O 9.12.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Ventosa para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.
O 11.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Ventosa en 617,06 hectáreas.
Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a exclusión de tres parcelas con titularidade catastral a favor da propia comunidade, ao non constar documentación suficiente que desvirtúe a presunción da propiedade. Así mesmo, non se incorporan dúas parcelas cuxa titularidade catastral corresponde aos veciños de Moia e Xestoso, respectivamente.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.
– MVMC Vilasouto, pertencente aos veciños da parroquia de Vilasouto, no concello do Incio. Expediente 28_77/2025_123RE.
O 15.12.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilasouto para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan. O 19.2.2026 presentaron unha emenda da solicitude en atención ao requirimento que lles foi enviado previamente.
O 27.2.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Vilasouto en 259,79 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.
– MVMC Sampaio, pertencente aos veciños da parroquia de Acedre, no concello de Pantón. Expediente 142_80/2025_132RE.
O 16.12.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Acedre para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.
O 11.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Sampaio en 209,84 hectáreas.
Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a incorporación dunha parcela de titularidade particular, ao non constar o recoñecemento por parte dos seus titulares catastrais.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VIII, ao final deste anuncio.
– MVMC Amandi, pertencente aos veciños da parroquia de Amandi, no concello de Sober. Expediente 112_80/2025_133RE.
O 16.12.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Amandi para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.
O 11.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Amandi en 68,77 hectáreas.
Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a exclusión de tres parcelas con titularidade catastral a favor da propia comunidade, ao non constar documentación que desvirtúe a presunción da propiedade.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IX, ao final deste anuncio.
– MVMC Costa do Cibreiro, pertencente aos veciños da parroquia do Cibreiro, no concello de Antas de Ulla. Expediente 8_82/2025_135RE.
O 17.12.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade do Cibreiro para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.
O 17.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Cosa do Cibreiro en 145,55 hectáreas.
Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a exclusión de catro parcelas con titularidade catastral a favor da propia comunidade, ao non constar documentación que desvirtúe a presunción da propiedade. Así mesmo, non se acepta a exclusión dunha parcela interior que supoñería un encravado, inexistente no esbozo orixinal, por entender que tal pretensión excede o obxecto e a natureza do propio procedemento de revisión cartográfica. Por último, non se incorpora unha parcela de titularidade allea á comunidade solicitante.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo X, ao final deste anuncio.
– MVMC Ribón, pertencente aos veciños dos lugares Murias de Camín e Ribón, na parroquia de Ribón, concello de Navia de Suarna. Expediente 100_77/2025_66RE.
O 21.10.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Murias de Camín e Ribón para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan. O 24.2.2026 presentaron unha emenda da solicitude en atención ao requirimento que lles foi enviado previamente.
O 27.2.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Ribón en 266,66 hectáreas.
Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a exclusión de dúas parcelas con titularidade catastral a favor da propia comunidade, ao non constar documentación que desvirtúe a presunción da propiedade.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XI, ao final deste anuncio.
― MVMC Vilares, pertencente aos veciños da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz. Expediente 31_75/2025_68RE.
O 24.10.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade dos Vilares para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.
O 26.2.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Vilares en 890,25 hectáreas.
Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a exclusión de tres parcelas con titularidade catastral a favor da propia comunidade, ao non constar documentación que desvirtúe a presunción da propiedade. Así mesmo, non se acepta a exclusión de dúas zonas interiores que supoñerían a xeración de encravados inexistentes no esbozo orixinal, por entender que tal pretensión excede o obxecto e a natureza do procedemento de revisión cartográfica. Por último, non se incorpora unha parcela de titularidade particular, ao non constar o recoñecemento por parte dos seus titulares catastrais.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XII, ao final deste anuncio.
– MVMC San Pedro, pertencente aos veciños do lugar de San Pedro, na parroquia de Riocereixa, concello de Pedrafita do Cebreiro. Expediente 60_75/2025_85RE.
O 18.11.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de San Pedro para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.
O 26.2.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC San Pedro en 201,36 hectáreas.
Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a exclusión de catro parcelas con titularidade catastral a favor da propia comunidade, ao non constar documentación que desvirtúe a presunción da propiedade. Así mesmo, non se acepta a exclusión dunha zona interior que supoñería a xeración de encravados inexistentes no esbozo orixinal, por entender que tal pretensión excede o obxecto e a natureza do procedemento de revisión cartográfica.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XIII, ao final deste anuncio.
– MVMC Pedralba, Valdeguas e Valdedonas, pertencente aos veciños da parroquia de Marzán, no concello de Monterroso. Expediente 50_73/2025_110RE.
O 11.12.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Marzán para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan. Posteriormente, o 8.1.2026 presentaron unha mellora voluntaria da dita solicitude. Finalmente, o 26.2.2026 e 2.3.2026, achegaron a documentación de emenda en contestación ao requirimento previamente notificado polo Servizo de Montes.
O 11.6.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Pedralba, Valdeguas e Valdedonas en 451,71 hectáreas.
Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a inclusión de superficie afectada pola autovía A54 e polas vías de comunicación de titularidade municipal.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XIV, ao final deste anuncio.
― MVMC Coroa, pertencente aos veciños dos lugares do Carboeiro, Silvela e Vilela, da parroquia de Cubelas, no concello de Ribadeo. Expediente 19_79/2025_40RE.
O 23.7.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade do Carboeiro, Silvela e Vilela para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan. Tras unha primeira emenda, presentada o 14.10.2025, reiteróuselles o requirimento, que foi atendido coa documentación presentada o 7.4.2026.
O 16.4.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Coroa en 193,50 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XV, ao final deste anuncio.
Contra estes acordos poderá interpoñerse, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 23 de xuño de 2026
María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo
