DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 9 de xullo de 2026 Páx. 38675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 25 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2022/006-4 modificado).

O 16.8.2023, este departamento territorial ditou unha resolución de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2022/006-4), publicada no Diario Oficial de Galicia do 6.9.2023.

O 13.1.2026, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a modificación do soterramento da LAT 66 kV Ponte Sampaio-Cangas entre os apoios 37N e 41N para a súa adaptación á normativa urbanística vixente. Para isto prevé estender o soterramento ata as proximidades do apoio núm. 36 e a execución de varios tramos subterráneos mediante perforación horizontal dirixida para o cruzamento da N-554 (no lugar de canalización baixo tubo).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e nos artigos 44 e 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: LAT 66 kV Ponte Sampaio-Cangas II-Soterramento do tramo entre os apoios 37N e 41N (modificado).

– Situación: Vilaboa.

– Descricións técnicas:

• Extensión do soterramento da liña de alta tensión ata as proximidades do apoio 36 e a execución de varios tramos subterráneos mediante perforación horizontal dirixida para o cruzamento da N-554 (no lugar de canalización baixo tubo).

• Desmantelamento do apoio 36 e colocación do apoio 36N PAS (con instalación de paso aero-subterráneo no citado apoio).

• Regulado dos condutores da liña aérea existente entre os apoios 35 e 36N PAS.

• A instalación está situada no municipio de Vilaboa (Pontevedra).

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 125 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 25 de xuño de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra