DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 9 de xullo de 2026 Páx. 38673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 11 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente 2026/105/15 e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio notifícanse ás persoas interesadas que figuran no anexo as resolucións que se ditaron nos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio das ditas persoas interesadas.

Os expedientes figuran no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, en Gregorio Hernández, 2, 1º andar, onde as ditas persoas interesadas, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer para coñecemento íntegro do acto e do resto do expediente, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra as ditas resolucións, as persoas interesadas ou as persoas que as representen debidamente acreditadas poderán interpoñer recurso no Xulgado de Primeira Instancia da Coruña que por quenda lle corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

A Coruña, 11 de xuño de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada

Data da resolución

Efectos da resolución

2026/105/15

32723573R

27.4.2026

Mantemento de medida administrativa

2025/106/15

32714865X

25.2.2026

Mantemento de medida administrativa

2025/106/15

32714865X

27.3.2026

Corrección de erros da resolución
do 25.2.2026

2025/106/15

32714865X

7.4.2026

Mantemento de medida administrativa

2016/167/15

32719760Y

2.6.2026

Mantemento de medida administrativa

2025/108/15

45862280G

13.5.2026

Mantemento de medida administrativa