DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 9 de xullo de 2026 Páx. 38671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 13 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente 2026/25/27 e vinte máis.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que a continuación se relacionan para seren notificadas das resolucións ditadas nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, tras os intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio das persoas interesadas.

Os expedientes atópanse á disposición das referidas persoas interesadas ou das persoas que as representen debidamente acreditadas, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se terán por efectuadas as notificacións no momento vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas, por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán interpoñer recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 13 de maio de 2026

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Número de
expediente

Persoa interesada

Efectos xurídicos

Data da
resolución

2026/25/27

X1845470L

Establecemento de medida administrativa

18.3.2026

2013/157/27

Y0284810S

Mantemento de medida administrativa

5.11.2025

2018/56/27

26540207R

Establecemento de medida administrativa

11.8.2025

2016/133/27

34637141S

Establecemento de medida administrativa

9.2.2026

2016/132/27

35655222R, 34637141S

Establecemento de medida administrativa

9.2.2026

2025/41/27

79172839P

Mantemento de medida administrativa

19.1.2026

2023/81/27

33351820A

Mantemento de medida administrativa

19.11.2025

2023/94/27

Y6595346H

Mantemento de medida administrativa

12.5.2025

2025/51/27

34271746K

Establecemento de medida administrativa

13.11.2025

2016/140/27

46912990M

Mantemento de medida administrativa

24.10.2025

2024/53/27

33555553W, X9826549Y

Mantemento de medida administrativa

12.1.2026

2021/109/27

34311083M

Mantemento de medida administrativa

4.11.2025

2017/22/27

Y3305763X,
Denis Alejandro Ali Villena

Modificación de medida administrativa

17.12.2025

2014/124/27

Augusto María

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

13.10.2025

H0282861

Leandro Cándido do Carmo

Establecemento de medida administrativa

21.11.2025

2022/162/27

Edwin Jhonny Córdova Porras

Mantemento de medida administrativa

12.5.2025

2022/173/27

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

15.7.2025

2025/38/27

José Alexander Díaz
Ramírez

Establecemento de medida administrativa

9.9.2025

2024/61/27

Juan José Corral López

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

2.12.2024

2024/57/27

Karima El Ftouh,
Abdellah Lachiri

Mantemento de medida administrativa

20.11.2024

2024/58/27

Mohamed, Rahma

Mantemento de medida administrativa

20.11.2024