Mediante a Resolución do 26 de maio de 2026 (DOG núm. 104, do 5 de xuño) convocouse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.
A base VIII da convocatoria establece: «Expirados os prazos de presentación das solicitudes de postos, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal ditará resolución pola que se aproben as listas de persoas admitidas e excluídas que se publicará no Diario Oficial de Galicia».
En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes das persoas participantes,
RESOLVE:
Aprobar a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de <concurso de traslados>. A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.
Aquelas persoas que non figuren na relación de persoas admitidas nin na de excluídas e solicitasen participar no concurso disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para, de ser o caso, presentar unha reclamación. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.
As persoas solicitantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que fosen motivo de exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
|
Martínez |
De la Rosa |
Iria |
***9872** |
10 |
|
Cod. Causa |
Causa de exclusión |
|
10 |
Solicitude fóra de prazo ou sen rexistro de entrada |
