DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 9 de xullo de 2026 Páx. 38638

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión, subgrupo A2, escala de inspección turística, e corpo administrativo, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico.

Mediante a Resolución do 26 de maio de 2026 (DOG núm. 104, do 5 de xuño) convocouse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística e corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico.

A base VIII da convocatoria establece que «Unha vez rematados os prazos de presentación das solicitudes de postos, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal ditará resolución pola que se aproben as listas de persoas admitidas e excluídas que se publicará no Diario Oficial de Galicia».

En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes das persoas participantes,

RESOLVE:

Aprobar a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso para a para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, e corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de <concurso de traslados>. Non constan persoas participantes excluídas.

Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidas nin na de excluídas e solicitasen participar no concurso disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para, de ser o caso, presentar unha reclamación. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.

As persoas solicitantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal