DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 9 de xullo de 2026 Páx. 38644

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2026 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal.

A Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 27 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, dispón na base II.1.1.3 que o prazo máximo para realizar o terceiro exercicio será de corenta (40) días hábiles, contados desde a finalización do exercicio anterior.

O anterior exercicio realizouse o día 15 de maio de 2026.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, en vinte (20) días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Publico e Administración de Persoal