DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 9 de xullo de 2026 Páx. 38632

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 25 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións, para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT404F).

BDNS (Ident.): 917385.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/917385

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán optar a estas subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, legalmente constituídas, con sucursal ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade habitual en Galicia sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter social ou estatutariamente como obxecto social a creación, organización, xestión, distribución de espectáculos en calquera das disciplinas de ámbito cultural, a investigación cultural, a consultoría cultural ou calquera ámbito relacionado co ecosistema cultural, no suposto de persoas xurídicas.

b) Para o caso das persoas físicas (autónomas), estar de alta no réxime especial de traballadores autónomos en calquera das epígrafes relacionadas co ámbito cultural.

2. Tamén poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións aquelas asociacións e fundacións cuxo obxecto social se recolla a capacidade para desenvolver o obxecto desta axuda.

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas e se convocan para o ano 2026.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 25 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións, para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT404F).

Cuarto. Importe

Estas axudas financiaranse cun crédito total de 250.000 euros, distribuídos en dúas anualidades, 125.000 euros na anualidade 2026 e 125.000 euros na anualidade 2027, imputables ás aplicacións orzamentarias 13.A1.432B.770.0 e 13.A1.432B.781.0, dos códigos de proxecto 2026 00002 e 2015 00003 da Axencia Galega das Industrias Culturais.

2. A distribución orzamentaria, por anualidades, aplicacións e códigos de proxecto, será a seguinte:

Aplicación

Código de proxecto

Fonte de financiamento

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Total

13.A1.432B.770.0

2026 00002

Fondos finalistas Estados

30.000 €

30.000 €

60.000 €

13.A1.432B.781.0

2026 00002

Fondos finalistas Estado

65.828,5 €

65.828,5 € €

131.657 €

13.A1.432B.781.0

2015 00003

FCA

29.171,5 €

29.171,5 €

58.343 €

Total

250.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2026

José López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais