Mediante este anuncio, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:
Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá a factura dos gastos sanitarios ao seu nome.
Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que hai que presentar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, no teléfono 986 88 52 92.
Para que conste e sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo este anuncio. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 18 de xuño de 2026
José Flores Arias
Director xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
ANEXO
|
Nome do doente |
DNI/NIF |
|
76829902N |
|
|
Y3983025Z |
|
|
78143611F |
|
|
Y7686490L |
|
|
35316788N |
|
|
00875667B |
|
|
76827424H |
|
|
46913586A |
|
|
55895877N |
|
|
Z3741226M |
|
|
75117863R |
|
|
55805557J |
|
|
35295784F |
|
|
36139514M |
|
|
35640072P |
