DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 10 de xullo de 2026 Páx. 39000

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de notificación no procedemento infrutuoso relativo á xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

O Concello de Betanzos fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza á titular da parcela que se indica a continuación, logo de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta Administración, a notificación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, de conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Expediente

Referencia catastral

Situación

Titular

2026/V001/000002

15009A007000490000EQ

Lg. Caraña Darriba-Polígono 7-
Parcela 49-Cerdeira

En investigación

2026/V001/000009

3528608NH6932N0001XJ

Avenida da Coruña

En investigación

2026/V001/000010

15009A008001200000EB

Polígono 8-Parcela 120-Montería
de Sanxiao

Ferreira Suárez Luís

2026/V001/000014

15009A003002530000ER

Polígono 3-Parcela 253-Ouro

García Cagiao Arturo (Herdeiros/as de)

2026/V001/000015

0024604NH6902S0001DD

Lg. Vila Suso

López Cardelle
María Ángeles

2026/V001/000018

15009A007005070000ER

Polígono 7-Parcela 507-Vilar de Arriba

En investigación

2026/G003/000637

15009A012000950000EA

Polígono 12-Parcela 95-Barral

Veiga Pardo José
(Herdeiros/as de)

As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza de Galicia, 1 (Edificio Arquivo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do BOE. Así mesmo, dispoñen de idéntico prazo para cumprir coa obriga da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas prohibidas.

Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto no punto 4 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril.

O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno, no prazo de quince días desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Betanzos, 17 de xuño de 2026

María Barral Varela
Alcaldesa