A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 26.12.2025, adoptou o seguinte acordo:
«Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para agregación de dúas parcelas na Rúa Nova, núms. 47 e 49, correspondentes ás unidades edificatorias 150409 e 150410, do Plan especial de reforma interior do recinto amurallado da cidade de Lugo, promovido por Genaro López Vázquez.
Segundo. Someter o estudo de detalle ao trámite de información pública, consonte o disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, polo prazo dun (1) mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. Así mesmo, notificaráselle individualmente á persoa titular catastral dos terreos afectados.
Terceiro. Solicitar o informe da consellería competente en materia de patrimonio cultural e, de ser o caso, os demais informes sectoriais preceptivos».
O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón:
https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica
Lugo, 26 de marzo de 2026
O alcalde
P.D. (Decreto 10280/2025)
Jorge Bustos Atanasio
Tenente de alcalde delegado da Área
de Urbanismo, Deportes e Xuventude
