Manuel Fabián Martínez Peleteiro, con DNI ***0400**, actuando como presidente da Comunidade Usuarios Traída de Augas As Mariñas-Mougás, por este anuncio convoco para o vindeiro día 8 de agosto de 2026, no Centro Cultural de Mougás, ás 17.00 horas en primeira convocatoria e ás 17.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e a aprobación, de ser o caso, do que proceda:
Orde do día:
1. Lectura da acta anterior.
2. Informe do presidente.
3. Lectura das contas dos exercicios 2024 e 2025.
4. Altas, baixas e expulsión de usuarios.
5. Facultar a Xunta Directiva para solicitar subvenciones en nome da comunidade.
6. Renovación de toda a Xunta Directiva.
7. Rogos e preguntas.
Oia, 16 de xuño de 2026
Manuel Fabián Martínez Peleteiro
Presidente da Comunidade Usuarios Traída de Augas Mariñas-Mougás
