A Consellería de Facenda e Administración Pública ten previsto resolver conxuntamente durante o período estival varios procedementos de provisión de postos e de selección de persoal de diferentes corpos escalas e categorías derivados dos procesos selectivos ordinarios e extraordinarios de estabilización de emprego público.
A resolución destes procedementos vai afectar un elevado número de persoas e suporá un alto volume de mobilidade do persoal, polo que se prevé unha afectación significativa nos cadros de persoal.
Por razóns organizativas e para salvagardar a continuidade na prestación dos servizos públicos, é preciso adoptar as medidas necesarias que permitan axilizar os trámites administrativos para cubrir os postos de traballo coa maior celeridade, en prol dun correcto funcionamento dos servizos públicos.
En consecuencia,
RESOLVO:
Declarar a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos cuxa elección de destino se convoque ou se resolva no precitado período estival, de conformidade co disposto no artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, con redución dos seguintes prazos establecidos para o procedemento ordinario:
– Prazo dun (1) mes de toma de posesión: redúcese a quince (15) días naturais.
Por tratarse dun acto de trámite e en virtude do disposto no artigo 33.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, fronte a esta resolución non cabe a interporsición de recurso ningún, sen prexuízo do procedente contra a resolución que poña fin ao procedemento.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
