DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 10 de xullo de 2026 Páx. 38911

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica forestal, pola que se modifica a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 7 de xullo de 2026, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),

ACORDOU:

Primeiro. En virtude da Resolución do 22 de xuño de 2026 (DOG núm. 123, do 3 de xullo), deste tribunal, acordouse a publicación da relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica forestal. O anexo I da citada resolución relaciona un total de 3 persoas aspirantes para a súa proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Con data do 3 de xullo de 2026 a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal solicítalle a este tribunal que modifique a Resolución do 22 de xuño de 2026 para adecuar o número de prazas convocadas co número de persoas aspirantes propostas para o seu nomeamento.

A Resolución do 25 de xaneiro de 2024 establece a convocatoria de dúas (2) prazas correspondentes á especialidade de enxeñaría técnica forestal (anexo I); por outra banda, a base III.12 desta establece que o tribunal non poderá propoñer o acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito, tendo en conta o previsto na base II.6.

Polo tanto, de conformidade co anteriormente exposto, procede a modificación da relación de persoas que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica forestal, eliminando da citada relación a persoa aspirante número 3 Martino Pérez, Juan Fidel (***4288**).

Segundo. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026

María Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: subgrupo A2 (promoción interna).

Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica forestal (2052).

Núm.

orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Exercicio 1

Exercicio 2

Exercicio 3

Fase
concurso

Puntuación

1

***1599**

Ramos Gende, Mónica

17,710

21,230

Apto

36,200

75,140

2

***2012**

Ares Gómez, José Ángel

20,590

16,200

Apto

32,900

69,690