DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 10 de xullo de 2026 Páx. 38913

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, pola que se modifican a baremación definitiva e a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á especialidade de educación infantil.

Na sesión que tivo lugar o 9 de xullo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2024 (DOG núm. 246, do 23 de decembro), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, modificada pola Resolución do 4 de xullo de 2025 (DOG núm. 132, do 11 de xullo).

Mediante esta última Resolución do 4 de xullo de 2025, este tribunal acordou, ademais, elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, modificada pola Resolución do 23 de xuño de 2026 (DOG núm. 118, do 26 de xuño).

Como consecuencia da estimación parcial do recurso de alzada interposto por Begoña López Vázquez (***2824**), prodúcese a variación da puntuación obtida no baremo definitivo desta aspirante, polo que procede a súa modificación no seguinte sentido:

DNI

Apelidos e nome

III.1.1.a)

III.1.1.b)

III.1.1. Total experiencia

III.1.2.a)

III.1.2.b)

III.1.2.c)

III.1.2. Total outros

Total

***2824**

López Vázquez Begoña

40,800

0

40,800

1,800

0

0

1,800

42,600

A base III.4 da convocatoria dispón que: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos...».

Como consecuencia do anterior, este tribunal acorda modificar a baremación definitiva e a orde de prelación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, eliminando a aspirante co número de orde 562 González Vaz, Esperanza (***1308**) e incorporando a persoa aspirante López Vázquez, Begoña (***2824**) co número de orde 527, que superou o proceso selectivo, e reenumerando a orde de prelación desde o posto número 527, atendendo á orde das puntuacións obtidas nel, e facer pública esta relación como anexo I, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria, e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, a nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na dita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar a dita relación de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para que a persoa afectada sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2026

Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: C1 (concurso).

Corpo/categoría: corpo de técnicos de carácter facultativo, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil (208J).

Nº de orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

527

***2824**

López Vázquez, Begoña

Libre

42,600