DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 10 de xullo de 2026 Páx. 38925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 25 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello da Fonsagrada (expediente IN407A 2023/024-2).

O 23.10.2024, o Departamento Territorial de Lugo ditou a resolución pola que se outorgaron as autorizacións administrativas previa e de construción e se declarou a utilidade pública da instalación eléctrica denominada Peche de anel 20 kV LMT Fons_Sur (SE_Fonsagrada) con LMT Fons_Sur (SE_Fonsagrada) CT Estoupelo (CD_6672)-CT Xegunde (CD_2768), no concello da Fonsagrada.

Posteriormente, a beneficiaria (Begasa), con data do 21 de abril de 2026, solicitou a expropiación forzosa dos predios 26 e 27.

Por isto, co obxecto de que se declare a utilidade pública, en concreto, da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica sobre os predios núm. 26 e 27, cómpre que este departamento territorial, para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, someta a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Expediente: IN407A 2023/024-2.

Solicitante/promotora: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Denominación: peche do anel 20 kV LMT Fons_Sur (SE_Fonsagrada) con LMT Fons_Sur (SE_Fonsagrada) CT Estoupelo (CD_6672)-CT Xegunde (CD_2768).

Concello: A Fonsagrada.

1. Características técnicas:

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 108 m en condutor RHZ1-OL 12/20 kV 1×240 K Al + H16, con orixe na conversión aero-soterrada do apoio proxectado núm. 0 da LMT Fons_Sur e final na conversión aero-soterrada do apoio núm. 1 proxectado, con entrada e saída no centro de transformación proxectado Estoupelo.

• Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1.889 m en condutor 94-AL1/22-ST1A (LA 110), con orixe no apoio núm. 1 proxectado e final no apoio núm. 14 proxectado en substitución do apoio AV48484 existente da LAMT Fons_Sur.

• Centro de transformación (CT) prefabricado Estoupelo, cunha potencia instalada de 50 kV, relación de transformación 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

• Desmontaxe do CT intemperie Estoupelo existente e do tramo da LMT Fons_Sur comprendido entre este e o apoio núm. 0 proxectado.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, 2º andar, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/afonsagrada

Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, que poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Lugo, 25 de xuño de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos polo proxecto de peche do anel 20 kV LMT Fons_Sur (SE_Fonsagrada)
con LMT Fons_Sur (SE_Fonsagrada) CT Estoupelo (CD_6672)-CT Xegunde (CD_2768)

Concello: A Fonsagrada.

Expediente: IN407A 2023/024-2.

Nº de predio

Nº de polg.

Nº de parc.

Ref. catastral

Concello

Lugar

Nome e apelidos

Tipo de cultivo

Afeccións

Accesos

Apoido

L.A.T.A.

Superficie ocupación permanente m²

Superficie afectada por voo m²

Superficie ocupación temporal m²

26

300

362

27018A30000362

A Fonsagrada

Chao de Drada

1. Carmen Fernández Pérez (0,42 %)

2. Carmen Pérez Marcos (5 %)

3. Antonio Fernández Pérez (2,64 %)

4. Elena Samartino López (2,5 %)

5. Herdeiros de Purificación López Regueiro (5 %)

6. José Vázquez Álvarez (1 %)

7. Olga Vázquez Álvarez (1 %)

8. Etelvina Vázquez Álvarez (1 %)

9. Consuelo Vázquez Álvarez (1 %)

10. Luciano Pasarín Carballido (2,5 %)

11. José Pasarín Carballido (2,5 %)

12. Herdeiros de Francisco Díaz Linares (5 %)

Rpte.: José Díaz Álvarez

13. Enrique Fernández Pérez (5 %)

14. Herdeiros de Francisco Álvarez Valdés (5 %)

Rpte.: Manuel Álvarez Landeira

15. Manuel Pasarín Villar (5 %)

16. José Suárez Muíña; Constantino Suárez Muíña (5 %)

17. Antonio Carballido Cancio (5 %)

18. María Carmen Samartino López (2,5 %)

19. María Fernández Pérez (0,97 %)

20. José Fernández Pérez (0,97 %)

21. Herdeiros de Constantino Rodríguez Arias (5 %)

22. Cándida Vázquez Álvarez (1 %)

23. Herdeiros de Consuelo Fernández Blanco (5 %)

Rpte.: Ana Losada Fernández
24. Herdeiros de Secundino Pérez Díaz Secundino (5 %)

Rpte.: Óscar Fernández Pérez

25. Herdeiros de José Pérez Marcos (5 %)

26. Herdeiros de Dolores Díaz Linares (5 %)

Rpte.: Antonio Pasarín Díaz

27. Manuel López Fernández (5 %)

28. Herdeiros de Enrique Fernández Linares (5 %)

29. Herdeiros de Antonio Pasarín Fernández (5 %)

30. Herdeiros de Faustino Pérez Llano (5 %)

31. Herdeiros de José Landeira Fernández (5 %)

Monte baixo

5 e 6

5

2.909

103

27

301

350

27018A30100350

A Fonsagrada

Encima

Castro

Limpia

1. Carmen Fernández Pérez (0,42 %)

2. Carmen Pérez Marcos (5 %)

3. Antonio Fernández Pérez (2,64 %)

4. Elena Samartino López (2,5 %)

5. Herdeiros de Purificación López Regueiro (5 %)

6. José Vázquez Álvarez (1 %)

7. Olga Vázquez Álvarez (1 %)

8. Etelvina Vázquez Álvarez (1 %)

9. Consuelo Vázquez Álvarez (1 %)

10. Luciano Pasarín Carballido (2,5 %)

11. José Pasarín Carballido (2,5 %)

12. Herdeiros de Francisco Díaz Linares (5 %)

Rpte.: José Díaz Álvarez

13. Enrique Fernández Pérez (5 %)

14. Herdeiros de Francisco Álvarez Valdés (5 %)

Rpte.: Manuel Álvarez Landeira

15. Manuel Pasarín Villar (5 %)

16. José Suárez Muíña; Constantino Suárez Muíña (5 %)

17. Antonio Carballido Cancio (5 %)

18. María Carmen Samartino López (2,5 %)

19. María Fernández Pérez (0,97 %)

20. José Fernández Pérez (0,97 %)

21. Herdeiros de Constantino Rodríguez Arias (5 %)

22. Cándida Vázquez Álvarez (1 %)

23. Herdeiros de Consuelo Fernández Blanco (5 %)

Rpte.: Ana Losada Fernández

24. Herdeiros de Secundino Pérez Díaz Secundino (5 %)

Rpte.: Óscar Fernández Pérez

25. Herdeiros de José Pérez Marcos (5 %)

26. Herdeiros de Dolores Díaz Linares (5 %)

Rpte.: Antonio Pasarín Díaz

27. Manuel López Fernández (5 %)

28. Herdeiros de Enrique Fernández Linares (5 %)

29. Herdeiros de Antonio Pasarín Fernández (5 %)

30. Herdeiros de Faustino Pérez Llano (5 %)

31. Herdeiros de José Landeira Fernández (5 %)

Monte alto

Monte baixo

8

3
3

5.482

1.472