BDNS (Identif.): 917713.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/917713
Primeiro. Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao en Filoloxía Galega, Galego e Portugués, Lingua e Literatura Galegas, Filoloxía Aplicada Galega e Española, Tradución e Interpretación (con materia A1: Galego) ou titulacións equivalentes, licenciatura ou grao en Biblioteconomía e Documentación, grao en Información e Documentación, grao en Xestión de Información e Documentación Dixital, mestrado oficial en materia de bibliotecas, con independencia da titulación de grao de acceso ao dito mestrado ou titulacións equivalentes; licenciatura ou grao en Ciencias da Comunicación, Comunicación Audiovisual ou outras titulacións equivalentes e que rematasen os seus estudos no curso académico 2013/14 ou posterior.
Segundo. Obxecto
Establecer as bases reguladoras e as condicións que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 29 de xuño de 2026 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria.
Cuarto. Contía
Para este gasto que se proxecta habilitarase o crédito adecuado e suficiente por un importe máximo total de sesenta e tres mil oitocentos corenta euros (63.840,00 €), que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.484.0, e que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. A contía mensual que percibirá cada bolseiro/a será de mil douscentos cincuenta euros (1.250,00 euros).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2026
Dolores Vilavedra Fernández
Presidenta do Consello da Cultura Galega
