DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 13 de xullo de 2026 Páx. 39208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2026, da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, pola que se modifica a Resolución do 12 de xuño de 2026 de inicio do proceso de selección de persoas adxudicatarias, en primeira adxudicación, de catorce vivendas de protección oficial de promoción pública no concello da Coruña, expediente C-2024/010, na parcela Z-06 de Xuxán.

No DOG núm. 121, do 1 de xullo de 2026 publicouse a Resolución do 12 de xuño de 2026, da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, de inicio do proceso de selección de persoas adxudicatarias, en primeira adxudicación, de catorce vivendas de protección oficial de promoción pública no concello da Coruña (expediente C-2024/010), na parcela Z-06 de Xuxán.

Iniciado o proceso pola resolución referida no parágrafo anterior, advertiuse a omisión da determinación da adecuación das vivendas á composición da unidade familiar ou convivencial, tendo en conta o número de dormitorios das vivendas de protección oficial de promoción pública, no concello da Coruña, polo que procede a modificación das bases contidas na Resolución do 12 de xuño de 2026.

Por todo o cal, a Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, en sesión que tivo lugar o 9 de xullo de 2026,

ACORDA:

Modificar o apartado 2 da base primeira, a letra a) do apartado 1 da base cuarta, e o parágrafo segundo do apartado 2 da base sétima, contidas na Resolución do 12 de xuño de 2026, da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, de inicio do proceso de selección de persoas adxudicatarias, en primeira adxudicación, de catorce vivendas de protección oficial de promoción pública no concello da Coruña (expediente C-2024/010), na parcela Z-06 de Xuxán, que quedan redactadas do seguinte xeito:

Primeira, apartado 2:

«2. Para realizar a adxudicación levarase a cabo un sorteo entre todas as persoas inscritas ou anotadas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda na Sección 1ª (demandantes de vivendas de protección oficial de promoción pública), para o concello da Coruña, como concello preferente, en unidades familiares ou convivenciais de 1 a 3 membros».

Cuarta, letra a) apartado 1:

«a) Estar inscritas ou anotadas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda na Sección 1ª (demandantes de vivendas de promoción pública) para o Concello da Coruña como concello preferente, en unidades familiares ou convivenciais de 1 a 3 membros».

Sétima, apartado 2, parágrafo segundo:

«No sorteo participarán todas as persoas que, na data da resolución de inicio, estean inscritas ou anotadas na Sección 1ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda para o concello da Coruña como concello preferente, como unidades familiares ou convivenciais de 1 a 3 membros».

A Coruña, 9 de xullo de 2026

María Begoña Freire Vázquez
Presidenta da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña