DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 13 de xullo de 2026 Páx. 39210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2026, da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, pola que se modifica a Resolución do 12 de xuño de 2026 de inicio do proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección oficial de promoción pública, en réxime de alugamento, en barrio histórico, no concello da Coruña (expediente C-2023/CH01).

No DOG núm. 121, do 1 de xullo de 2026 publicouse a Resolución do 12 de xuño de 2026, da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, de inicio do proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección oficial de promoción pública, en réxime de alugamento, en barrio histórico, no concello da Coruña (expediente C-2023/CH01).

Iniciado o proceso pola resolución referida no parágrafo anterior, advertiuse a omisión da determinación da adecuación das vivendas á composición da unidade familiar ou convivencial, tendo en conta o número de dormitorios das vivendas de protección oficial de promoción pública, no concello da Coruña, polo que procede a modificación das bases contidas na Resolución do 12 de xuño de 2026.

Por todo o cal, a Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, en sesión que tivo lugar o 9 de xullo de 2026,

ACORDA:

Modificar o apartado 2 da base primeira, o apartado 1.f) da base terceira e o parágrafo segundo do apartado 2 da base quinta, contidas na Resolución do 12 de xuño de 2026, da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, de inicio do proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección oficial de promoción pública, en réxime de alugamento, en barrio histórico, no concello da Coruña (expediente C-2023/CH01), que quedan redactadas do seguinte xeito:

Primeira, apartado 2:

«2. Para realizar as adxudicacións levarase a cabo un sorteo entre todas as persoas inscritas ou anotadas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda na Sección 2ª (demandantes de vivendas de protección oficial de promoción pública de núcleos rurais e cascos históricos), en réxime de alugamento, para o Concello da Coruña, como concello preferente, en unidades familiares ou convivenciais de 1 a 3 membros».

Terceira, apartado 1.f):

«f) Pertencer a algún dos colectivos a que están destinadas estas vivendas: familias ou unidades convivenciais cuxa persoa titular teña menos de trinta e seis (36) anos e estean constituídas por entre 1 a 3 membros».

Quinta, apartado 2, parágrafo segundo:

«No sorteo participarán todas as persoas que, na data da resolución de inicio, estean inscritas ou anotadas na Sección 2ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda para o Concello da Coruña como concello preferente, en réxime de aluguamento, como unidades familiares ou convivenciais de 1 a 3 membros e cuxa persoa titular teña menos de trinta e seis (36) anos».

A Coruña, 9 de xullo de 2026

María Begoña Freire Vázquez
Presidenta da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña