Iniciado o correspondente expediente de execución subsidiaria da xestión de biomasa e/ou de retirada de especies arbóreas na parcela 190 do polígono 65, segundo consta no catastro deste municipio, por incumprimento das obrigas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.
Considerando que con data do 21.4.2026 se notificou aos titulares catastrais da dita parcela a obriga de realizar os traballos de limpeza e roza, todo iso de conformidade co disposto no artigo da dita Lei 3/2007, do 9 de abril.
Considerando que malia o prazo transcorrido no día de hoxe segue a incumprirse esas obrigas legais de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa e cuxos custos se repercutirán ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa conta os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Pola presente, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, e artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais, en uso das facultades conferidas pola normativa vixente,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a execución subsidiaria por parte deste concello de Begonte da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas da parcela 190 do polígono 65, segundo consta no catastro deste municipio, cuxos titulares catastrais son hrdos. María Felicitas Vázquez Castro por incumprimento das obrigas previstas na Lei 3/2007, do de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.
Segundo. Encomendar os traballos de execución subsidiaria –dada a carencia de medios municipais propios– á empresa Servicios Forestales Begal con CIF B56694342, e deberase facilitar os necesarios accesos por parte das persoas responsables e sen que se requira ningunha autorización ao respecto.
Terceiro. As especies arbóreas retiradas serán obxecto do seu comiso e o seu destino será o seu alleamento nos termos previsto na dita Lei 3/2007, e destinaranse os importes obtidos pola venda a sufragar os gastos derivados desta execución subsidiaria.
Cuarto. Practicar a oportuna liquidación dos custos dos traballos de execución subsidiaria, e do valor das especies arbóreas retiradas.
Quinto. Notificar a presente resolución aos interesados, coa indicación dos recursos que legalmente procedan.
Recursos. Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da recepción desta notificación, ante o mesmo órgano que adoptou o acordo, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de 2 meses contados desde o seguinte ao da recepción desta notificación, sen que se poida simultanear ambos os dous.
Si se interpuxera o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata a súa resolución expresa ou ata a súa desestimación por silencio; de conformidade co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Begonte, 19 de xuño de 2026
José Ulla Rocha
Alcalde
