DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 13 de xullo de 2026 Páx. 39214

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 17 de xuño de 2026 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral

polígono/parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Orde de execución

(Exp. 980-2026)

Resolución de inicio O.E. do 2.6.2026

36043A031002990000JB 

(polígono 31, parcela 299)

Forzáns

Ponte Caldelas

Vicente Pérez Cores

Orde de execución

(Exp. 981-2026)

Resolución de inicio O.E. do 2.6.2026

36043A031002930000JS

(polígono 31, parcela 293)

Forzáns

Ponte Caldelas

Exclavitud Amoedo

Orde de execución

(Exp. 1040-2026)

Resolución de inicio O.E. do 17.6.2026

36043A044014120000JU

(polígono 44, parcela 1412)

Silvoso-A Insua

Ponte Caldelas

María Deolinda Orge Vidal

Orde de execución

(Exp. 1041-2026)

Resolución de inicio O.E. do 17.6.2026

36043A044014130000JH

(polígono 44, parcela 1413)

Silvoso-A Insua

Ponte Caldelas

Dolores Aurea Lorenzo Vilariño

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non puidese determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, repercutindo os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 17 de xuño de 2026

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente