DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 13 de xullo de 2026 Páx. 39216

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 19 de xuño de 2026 de notificación do procedemento de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración-

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Custos da

execución subsidiaria

Orde de execución

(Exp. 1958-2025)

Resolución O. Ex. Subs. do 19.5.2026

36043A009004730000JZ 

(Polígono 9-Parcela 473)

O Coto-Caritel

Ponte Caldelas

José Alberto

Pérez Palleiro

1.440,00 €

Orde de execución

(Exp. 1834-2025)

Resolución O. Ex. Subs. do 19.5.2026

36043A030003300000JP 36043A030003300001KA 

(Polígono 30-Parcela 330)

Caritel

Ponte Caldelas

María Cabo González

1.800,00 €

Orde de execución

(Exp. 1610-2025)

Resolución O. Ex. Subs. do 19.5.2026

36043A009001010000JP (Polígono 9-Parcela 101)

A Fraga-Caritel

Ponte Caldelas

José Amoedo

360,00 €

Orde de execución

(Exp. 1619-2025)

Resolución O. Ex. Subs. do 19.5.2026

36043A007002830000JM (Polígono 7-Parcela 283)

A Fraga-Caritel

Ponte Caldelas

María Cal Piñeiro

1.440,00 €

Orde de execución

(Exp. 1229-2025)

Resolución O. Ex. Subs. do 17.6.2026

36043A041005710000JI 

(Polígono 41-Parcela 571)

Regodobargo-A Insua

Ponte Caldelas

En investigación

90,00 €

Orde de execución

(Exp. 1787-2025)

Resolución O. Ex. Subs. do 17.6.2026

36043A030010500000JF

(Polígono 30-Parcela 1050)

Anceu

Ponte Caldelas

En investigación

90,00 €

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non puidese determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, repercutindo os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Prazo: 1 mes.

Ponte Caldelas, 19 de xuño de 2026

Andrés Díaz Sobral
Alcalde