DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 13 de xullo de 2026 Páx. 39218

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria para o posto de administrativa xefa do Departamento de Intervención e Contabilidade.

Por Decreto da Alcaldía do día 8.6.2026 resolveuse outorgar nomeamento a favor de Ana Mª Vilasó Martínez, con DNI número ***7756**, para ocupar en propiedade e como funcionaria de carreira o posto de administrativa xefa do Departamento de Intervención e Contabilidade, área de servizos económicos, código RPT 02.931.01.03, escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C1, nivel 20, tras a superación do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso especifico, do referido posto, do que tomou posesión con efectos desde o día 16.6.2026.

E así se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Ribeira, 17 de xuño de 2026

María José Sampedro Fernández
Alcaldesa