As condicións laborais do posto que deseguido se indica rexeranse polo establecido no Decreto 12/2024, do 11 de xaneiro, e realizarase un contrato de actividades científico-técnicas segundo o previsto no artigo 23.bis da Lei 14/2011, do 1 de xuño, a xornada completa, cuxo obxecto será desenvolver tarefas de investigación no proxecto «Seguridade DRAM en sistemas de computación de alto rendemento»:
– 1 investigador/a posdoutoral en arquitectura de computadores DRAM. Referencia: DRAM-26-INV1-AC. NRP: 6090086.
O prazo de presentación de solicitudes para este posto será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (Avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na web do Cesga.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026
Ignacio López Cabido
Xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
