DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 13 de xullo de 2026 Páx. 39183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da zona de reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis- A Coruña) para seren notificados por comparecencia de resolucións que modifican o acordo de reestruturación da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña), que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia de resolucións que modifican o acordo de reestruturación da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 46 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra este acto, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de acordo co establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

A Coruña, 26 de xuño de 2026

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Zona de reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña)

DNI/Nome

Nº prop.

Acto notificado

14601479K

RDX 08.06.2026 CT87

32776768C

1364-2

RDX 23.02.2026 CT71