DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 13 de xullo de 2026 Páx. 39182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación parcial de estatutos sociais da entidade Simbiosis, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección territorial, o 26 de xuño de 2026, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación parcial dos estatutos sociais relativo ao domicilio social e ao capital social mínimo da entidade Simbiosis, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na reunión da Asemblea Xeral universal que tivo lugar o 17 de abril de 2026. O seu novo domicilio social é na rúa Manuel Azaña, número 18, 8º E, concello da Coruña, provincia da Coruña. O novo capital social mínimo é 3.000,00 €.

A Coruña, 26 de xuño de 2026

O director territorial da Coruña
P.S. (Artigo 67.3 do Decreto 147/2024, do 20 de maio)
Ana Belén Garabato Otero
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica