Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Pexegueiros, no concello de Oza Cesuras (expediente IN407A 202/044-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 30 de xuño de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/044-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Pexegueiro.
Concello: Oza Cesuras.
|
Predio |
Lugar |
Datos catastrais |
Titularidade |
Depósito |
Importe |
|
1 |
Pelada |
Polígono: 504 Parcela: 22 |
María Beatriz e Luis Alfonso Miguel Sánchez Seoane |
2026/15/731 |
1.205,69 € |
|
2 |
Agra Pelada |
Polígono: 504 Parcela: 24 |
José Sánchez Sánchez e María Josefa Suárez Varela |
2026/15/732 |
13,00 € |
