Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 15 de xuño de 2026 (DOG núm. 114, do 19 de xuño), modificada pola Resolución do 22 de xuño de 2026 (DOG núm. 116, do 23 de xuño) ao cal foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de restauración, especialidade en bens artísticos e arqueolóxicos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de restauración, especialidade en bens artísticos e arqueolóxicos, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.
Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo de 15 días naturais a partir do 16 de setembro, de acordo coa Resolución do 6 de xullo de 2026 (DOG núm. 128, do 10 de xullo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos cales a súa elección de destino se convoque ou se resolva en período estival (meses de xullo, agosto e setembro).
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº de orde de elección de destino |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro de destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgr. |
Nivel |
Formación |
Observacións |
|
1 |
***5510** |
Ruiz Vázquez, María José |
1 |
CUC995020132680015 |
Restaurador/a |
CU |
Museo Etnolóxico de Ribadavia |
Servizos periféricos |
Ribadavia |
A2 |
20 |
648-967 |
Horario especial//Xornada mañá ou tarde |
|
2 |
***5065** |
Verdera Díaz, María Carmen |
2 |
CU6010000015770120 |
Restaurador/a |
CU |
D. X. do Patrimonio Cultural |
Dirección Xeral do Patrimonio Cultural |
Santiago de Compostela |
A2 |
20 |
966 |
Horario especial//Xornada mañá ou tarde |
|
Código |
Descrición |
|
648 |
Certificación negativa do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño (R.I.). |
|
966 |
Restaurador/a, especialidade das artes (pintura e escultura) (R.I.). |
|
967 |
Restaurador/a, especialidade das artes (pintura) (R.I.). |
