Antecedentes de feito:
Primeiro. O 28 de abril de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 13 de abril de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento PR804B). A devandita orde establecía o prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación para a presentación de solicitudes.
Segundo. Ao abeiro da Orde do 13 de abril de 2026 presentáronse un total de 14 solicitudes. Unha vez examinadas, formuláronse os requirimentos de emenda necesarios para que as entidades interesadas, nun prazo de dez días, corrixisen a falta ou xuntasen os documentos preceptivos.
Terceiro. A Comisión Avaliadora, nas súas reunións dos días 19 e 22 de xuño de 2026 examinou as solicitudes presentadas que cumprían os requisitos, tendo en conta os criterios establecidos nas bases da convocatoria e os informes técnicos realizados pola entidade adxudicataria da avaliación externa, e estableceu a listaxe coas puntuacións obtidas en orde descendente para cada un dos microproxectos presentados.
Cuarto. O 22 de xuño de 2026, á vista do resultado da devandita avaliación e en cumprimento do artigo 10 e 15 da Orde do 13 de abril de 2026, o órgano instrutor formulou a proposta de resolución das axudas para a súa concesión por un importe total cento cincuenta mil euros (150.000,00 €), así como a proposta de exclusión das solicitudes que non cumprían inicialmente os requisitos exixidos para pasar á fase de avaliación e a proposta de denegación daquelas solicitudes que, unha vez avaliadas, non acadaban a puntuación mínima exixida para superar a fase de avaliación.
Fundamentos de dereito:
Primeiro. As bases xurídicas deste procedemento están reguladas pola Orde do 13 de abril de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento PR804B).
Segundo. Para o financiamento destas subvencións existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria 05.07.331A.490.0 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2026, por unha contía total de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €).
Terceiro. A Xunta de Galicia poderá financiar ata un 95 % do orzamento total do microproxecto, se ben a subvención concedida non superará en ningún caso os trinta mil euros (30.000,00 €). Aceptarase o financiamento solicitado ou concedido por outros organismos financiadores que sexan distintos da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, sempre que en ningún caso a totalidade do proxecto quede financiado con fondos da Xunta de Galicia.
Cuarto. O órgano competente para a resolución de concesión ou denegación das axudas, en virtude do establecido na disposición adicional primeira e no artigo 15 da Orde do 13 de abril de 2026, é o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Polo exposto, logo da proposta da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior e da fiscalización do gasto pola intervención delegada,
RESOLVO:
1. Aprobar a concesión de subvención a 6 proxectos polo importe total de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €), coa distribución, entidades beneficiarias e contías que se relacionan no anexo I desta resolución.
2. Aprobar a denegación ou exclusión de 8 proxectos segundo se detalla no anexo II, en que se indica a entidade solicitante e a causa que motiva a súa denegación ou exclusión.
Contra a resolución ditada polo director xeral, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, de forma potestativa, recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución notificaráselles ás entidades interesadas de xeito complementario á súa publicación.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 12.6.2024)
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO I
Proxectos subvencionados
|
Nº expte. |
Entidade solicitante |
Denominación do proxecto |
Puntuación total |
Orzamento total solicitado |
Orzamento total definitivo |
Subvención solicitada |
Subvención concedida |
|
PR804B-2026-00000004-00 |
Beyond Suncare |
Da intervención á sustentabilidade: fortalecemento institucional para unha atención sanitaria pública de calidade para as persoas con albinismo en Malawi |
83,10 |
62.668,33 |
62.668,33 |
30.000,00 |
30.000,00 |
|
PR804B-2026-00000008-00 |
Fundación Ayuda Solidaria Hijas de Jesús |
Mulleres que tecen vida mediante a formación artesanal e o desenvolvemento comunitario en Potosí, Bolivia, Fase II |
71,25 |
11.024,20 |
11.024,20 |
10.059,52 |
10.059,52 |
|
PR804B-2026-00000003-00 |
Asociación Miradas al Mundo |
Mellorado o acceso á educación primaria e á alfabetización de mulleres na aldea de Catão na Guinea Bissau |
67,95 |
31.023,59 |
31.023,59 |
29.449,19 |
29.449,19 |
|
PR804B-2026-00000006-00 |
Asociación Integral de Rescate de Emergencias (AIRE) |
Fortalecemento comunitario e resiliencia fronte ás emerxencias nos campamentos saharauís mediante a Protección Civil |
67,10 |
72.251,00 |
72.251,00 |
30.000,00 |
30.000,00 |
|
PR804B-2026-00000012-00 |
Semilla para el Cambio |
Fortalecemento pedagóxico e participación comunitaria para a mellora da aprendizaxe e a retención escolar en Varanasi (India) |
64,00 |
28.808,16 |
28.808,16 |
27.277,55 |
27.277,55 |
|
PR804B-2026-00000001-00 |
Asociación Busca e Rescate Integral en Emerxencias de Galicia (Briegal) |
Fortalecemento transfronteirizo da xestión de emerxencias ante inundacións e riadas nas rexións do sur de Perú, con participación de equipos de Bolivia. Fase II |
51,00 |
71.969,06 |
64.383,19 |
29.999,61 |
23.213,74 |
|
Total |
156.785,87 |
150.000,00 |
|||||
ANEXO II
Proxectos denegados
|
Nº expte. |
Entidade solicitante |
Denominación do proxecto |
Avaliación |
Causa de denegación |
||||
|
Entidade solicitante |
Socio local |
Proxecto |
Acomodo estratexia coop. galega puntuación: |
Total puntuación |
||||
|
PR804B-2026-00000011-00 |
Asociación Caguama Instituto de Migracións Ecosociais |
Horta Comunitaria «Nô Misti REGUA»: fortalecemento da soberanía alimentaria e empoderamento das mulleres na Illa do Rei (Guinea-Bissau) |
2,70 |
6,00 |
39,90 |
15,00 |
63,60 |
Denegado: non se supera a fase de valoración ao non acadar a puntuación mínima requirida nas epígrafes da entidade solicitante e do socio local (artigo 13.2) |
|
PR804B-2026-00000002-00 |
Asociación Egueire |
Unidade piloto comunitaria de valorización de residuos do cacao mediante a produción de briquetas ecolóxicas para o empoderamento da cooperativa de mulleres Abusuan en Akobakabo (Costa do Marfil) |
8,20 |
8,00 |
24,25 |
7,50 |
47,95 |
Denegado: non se supera a fase de valoración ao non acadar a puntuación mínima requirida na epígrafe do proxecto (artigo 13.2) |
|
PR804B-2026-00000014-00 |
Asociación Altair Fundacional |
Altair Mozambique 2026: asociacionismo xuvenil e cooperación para o desenvolvemento solidario galego-mozambicano |
3,20 |
6,50 |
21,50 |
10,00 |
41,20 |
Denegado: non se supera a fase de valoración ao non acadar a puntuación mínima requirida nas epígrafes da entidade solicitante, do socio local e do proxecto (artigo 13.2) |
|
PR804B-2026-00000005-00 |
Asociación Humanitarios Sin Fronteras |
Escola de resiliencia e dereitos: microproxecto educativo e psicosocial para a infancia palestina en situación de vulnerabilidade |
- |
- |
- |
- |
- |
Excluído: a entidade non cumpre o requisito do artigo 3.1.a) da orde polo que debería estar inscrita no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, na sección A ou D, na data de publicación no DOG da convocatoria |
|
PR804B-2026-00000007-00 |
Asociación Nanian Internacional - España |
Proxecto fosa séptica biofil, Arquipiélago de Bijagós |
- |
- |
- |
- |
- |
Excluído: de conformidade co artigo 5.2 da orde de convocatoria, non se cumpre o requisito do artigo 3.2.i) de emprego dos documentos de formulación normalizados (achéganse noutro formato) |
|
PR804B-2026-00000009-00 |
Asociación Artístico Cultural Social Deportiva Xuvenil e Veciñal Musival |
Música e futuro |
- |
- |
- |
- |
- |
Excluído: o proxecto non cumpre co requisito do artigo 3.2.g) da orde de convocatoria, toda vez que os gastos da partida de funcionamento en terreo superan o límite do 4 % do orzamento do microproxecto e, ademais, a emenda da solicitude foi realizada de xeito parcial |
|
PR804B-2026-00000010-00 |
Horizon Experiences |
Fortalecemento educativo e conservación ambiental mediante alfabetización comunitaria e enerxías renovables na Illa dúas Brasiles, Nicaragua |
- |
- |
- |
- |
- |
Excluído: de conformidade co artigo 5.2 da orde de convocatoria, non se cumpre o requisito do artigo 3.2.i) de emprego dos documentos de formulación normalizados (falta o formulario técnico), e o proxecto non cumpre o requisito do artigo 3.2.a) da orde de convocatoria, no referente á data de finalización da execución, que debe ser anterior ao 31 de decembro de 2026 |
|
PR804B-2026-00000013-00 |
Cromosomos X |
Saúde e dignidade menstrual: fortalecemento comunitario da saúde menstrual sostible mediante o acceso a copas menstruais en Burundi |
- |
- |
- |
- |
- |
Excluído: o proxecto non cumpre o requisito do artigo 3.2.a) da orde de convocatoria, no referente á data de finalización da execución, que debe ser anterior ao 31 de decembro de 2026 |
