DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 13 de xullo de 2026 Páx. 39172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 11 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS626F (expediente 32008/0008/25-R e oito máis).

Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas no procedemento no último enderezo coñecido das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles a través deste anuncio as ditas resolucións ás persoas citadas no anexo, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro das resolucións. Transcorrido o dito prazo, de non compareceren, considerarase por efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpor o recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da data da súa notificación, efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 38 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Ourense, 11 de xuño de 2026

Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

Persoa interesada

Resolución

Data da resolución

32008/0008/25-R

Z3092779C

Extinción

6.5.2026

32009/0002/25-R

53020557Z

Suspensión

9.3.2026

32054/0035/25-R

Y6290916Q

Suspensión

22.5.2026

32054/0078/25-R

X2944732L

Suspensión

22.5.2026

32054/0152/25-R

X3741093M

Suspensión

23.4.2026

32065/0006/25-R

44468531D

Caducidade

4.3.2026

32054/0039/26-R

Z3916071G

Denegación

13.4.2026

32054/0054/26-R

Z3276461R

Denegación

11.5.2026

32054/0064/26-R

Z0630646Z

Denegación

29.4.2026