DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 13 de xullo de 2026 Páx. 39171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 11 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS626F (expediente 32054/0251/18-R).

Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación do requirimento de documentación, ditado no procedemento de revisión no último enderezo coñecido da persoa interesada citada no anexo, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, emprázase para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o contido íntegro do referido acto. Transcorrido o dito prazo, de non o facer, considerarase efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselle que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, non ter presentado a documentación requirida poderá dar lugar ao disposto nos artigos 42 a 46 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

Ourense, 11 de xuño de 2026

Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

32054/0251/18-R

34996862Q

Requirimento de documentación

28.4.2026