DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 13 de xullo de 2026 Páx. 39169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 4 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada para a fábrica de produtos siderúrxicos de Celsa Atlantic, S.L. no concello da Laracha (A Coruña) (expediente 2024-IPPC-M-47).

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación correspondente á revisión da autorización ambiental integrada da fábrica de produtos siderúrxicos no Concello da Laracha presentada por Celsa Atlantic, S.L., co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (https://medioambiente.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expediente: 2024-IPPC-M-47.

Titular: Celsa Atlantic, S.L.

NIF: B-01218932.

Domicilio social: Canal de Santo Tomás, s/n, 01013 Vitoria-Gasteiz (Álava).

Localización da instalación: Raxido, núm. 7, A Laracha (A Coruña).

Actividade: transformación de bilete en barras de aceiro.

Categorías da actividade: 2.3.a) do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, e grupo 4.c) do anexo II da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Descrición do proceso: fabricación e transformación de produtos siderúrxicos. A materia prima (bilete) quéntase no forno e posteriormente pasa ao tren de laminación; a seguir realízase un arrefriado con auga antes da fase de acabado en barras ou rolos.

Vertidos: prevese a xeración das seguintes correntes de augas residuais:

• Augas residuais de refrixeración (purgas): procedentes dos circuítos de contacto das liñas de laminación e dos circuítos de non contacto das dúas liñas dos fornos de quentamento, concretamente das balsas de refrixeración. Tras un pretatamento vértense a unha balsa impermeabilizada. No caso de que estas augas residuais non poidan ser reutilizadas no proceso, son vertidas a unha balsa natural para a súa infiltración no terreo..

• Augas residuais pluviais: son recollidas na cuneta perimetral e depuradas nun desareador antes de canalizalas á balsa impermeabilizada na cal se mesturan coas aguas residuais de refrixeración.

• Augas residuais de uso sanitario: son vertidas á rede municipal con depuración posterior na EDAR municipal.